Hoxe, en crebacabezas multilingüísticos, pronto e preto, e a dor de cabeza que dá a poliglosia.

Veredes, estar preparado en galego e castelán pódese dicir estar 'listo', 'presto' ou 'pronto'; en portugués admite as dúas últimas, ademais de 'prestes' e en catalán só cabería 'llest'. Pero o italiano só admite 'pronto' e o francés 'prêt'.

O lío ben cando o que en galego, portugués e castelán é 'pronto' (aquilo que se fai con axilidade), en italiano é 'presto'. E francés sería 'tôt' e en catalán 'aviat'.

Pero 'pronto' tamén significa pronto no día, é dicir, 'cedo', que en castelán tería o sinónimo de 'temprano'. Tamén admite este uso o 'presto' do italiano.

'Cedo' no catalán dise, ademais de 'aviat', 'de bon matí'. No castelán tamén existe a expresión 'de buena mañana' pero cun uso máis acotado. Curiosamente, no francés emprégase unha expresión equivalente: 'de bonne heure', é dicir, literalmente, 'de boa hora'. Ata aquí a curiosidade de hoxe.

O resumo é que o que en italiano é pronto, en francés é prêt, e o que en italiano é presto en galego é pronto. Se queredes memorizalo facédevos unha táboa ou algo. À bientôt! ;)

@fran
Muchas gratias!
Yo soy Italiano y tengo que aprender el Galego.

@rastinza @fran "Moitas grazas! Son italiano e teño que aprender galego." 😉

@rastinza @ifrit Se sei davvero interessato, ci sono dei ‘faladoiros’ per parlare con galiziani sulla web, o puoi provare anche di trovare un compagno sul Tandem, una aplicazione di scambio linguistico :ablobwink:

Sign in to participate in the conversation
CleverLibre Social

CleverLibre Social is an inclusive social instance for open discussion, learning, and community.
All cultures welcome.
Hate speech and harassment strictly forbidden.